As mulleres na Filosofía

As mulleres na Filosofía

Editorial:
Baia
EAN:
9788496526488
Ano de edición:
Materia
FILOSOF?A
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páxinas:
136
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Baía Ensaio

16,55 €

IVE incluído
Comprar

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre  as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon  ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a  partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.
 
 
 
 Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente  o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.

Materia en Libreria Central - Navarra

Baia en Libreria Central - Navarra

  • Confusión e morte de María Balteira
    Titulo del libro
    Confusión e morte de María Balteira
    Campo, Marica
    Baia
    Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porqu...
    No disponible
  • Madeira e metal
    Titulo del libro
    Madeira e metal
    Rey Pasandín, Laura
    Baia
    Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade.  A morriña, ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Rodribico aprende a voar
    Titulo del libro
    Rodribico aprende a voar
    Nº 1
    Guisande, Manuel
    Baia
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha...
    No disponible
  • Entre o ceo e o mar
    Titulo del libro
    Entre o ceo e o mar
    Luo, Gwendolyn
    Baia
    Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A ...
    No disponible
  • Rodribico visita a cidade
    Antigo
    Titulo del libro
    Rodribico visita a cidade
    Guisande, Manuel
    Baia
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    6,95 €