Confusión e morte de María Balteira

Confusión e morte de María Balteira

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630585
Ano de edición:
ISBN:
978-84-92630-58-5
Páxinas:
144
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo  de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras  veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que  contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais  para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Baia en Libreria Central - Navarra

  • Unha presa de terra
    Titulo del libro
    Unha presa de terra
    Nº 44
    Jiménez Aleixandre, Marilar
    Baia
    Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forz...
    No disponible
  • A miña amiga invisible a morte
    Titulo del libro
    A miña amiga invisible a morte
    Canals, Mireia / Aguilar, Sandra
    Baia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    7,16 €

  • SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta
    Titulo del libro
    SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta
    G. Rohde, Marie
    Baia
    SOS Monstros verdadeiros ameazan o planeta, da autoría da escritora e ilustradora sueca, establecida desde hai...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,16 €

  • As mulleres nas Matemáticas
    Titulo del libro
    As mulleres nas Matemáticas
    Ríos Fachal, Matilde
    Baia
    Este libro tenta achegar as mulleres e as Matemáticas a calquera que teña curiosidade, pero está especialmen...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €

  • O tesouro das ánimas
    Titulo del libro
    O tesouro das ánimas
    Nº 6
    Regueiro Digón, Conchi
    Baia
    No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns, cinco versos  proporcionan unha misteriosa clave:&n...
    No disponible

    10,00 €