Servicio de urxencias

Servicio de urxencias

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028278
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-827-8
Páxinas:
192
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
FORA DE XOGO

14,90 €

IVE incluído
Comprar

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida  escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns  que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo. O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido  de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede  nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se  recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas... Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • O infinito nun xunco
    Titulo del libro
    O infinito nun xunco
    Vallejo, Irene
    Xerais
    «O infinito nun xunco» é un libro sobre os libros. Os libros e a súa historia, os libros e o seu nacemento,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    26,95 €

  • Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Titulo del libro
    Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    O corpo da víctima está esnaquizado, morto, no chan, no medio dun charco de sangue. E unha muller, di un dos ...
    No disponible

    11,75 €

  • Cemiterio de elefantes
    Titulo del libro
    Cemiterio de elefantes
    Alonso, Francisco
    Xerais
    No disponible

    12,70 €

  • Cancións
    Titulo del libro
    Cancións
    Arias, Xela
    Xerais
    «Cancións» contén as letras que Xela Arias escribiu para o grupo de rock vigués Desertores na segunda meta...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • Seraogna
    Titulo del libro
    Seraogna
    Pexegueiro, Alfonso
    Xerais
    Seraogna, libro publicado en maio de 1976 baixo o cuño de rompente, non só deu a coñecer a Alfonso Pexegueir...
    No disponible

    14,50 €