Sarmiento. Vida e obra

Sarmiento. Vida e obra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027714
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-8302-771-4
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,55 €

IVE incluído

Frei Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772), monxe bieito, é unha das figuras máis sobranceiras da cultura ilustrada do século XVIII hispano e un dos primeiros e máis singulares  estudiosos da cultura galega. Amante da sabedoría, lector infatigable, escritor torrencial, atento a moitos dominios da vida cultural do seu tempo, Sarmiento destacou por ser tanto un dos introductores de Newton en España, como o erudito que recupera a memoria da lírica medieval galega; o lector en varios idiomas, ou o escritor en galego do Coloquio de vintecatro galegos rústicos; o medievalista que analiza a documentación de séculos dos mosteiros galegos, e o científico que fai ensaios de electromagnetismo e hibridación de plantas; o botánico que escribe páxinas fermosas da nosa historia natural, tanto coma o filólogo adiantado dos estudios de  filoloxía románica; o correspondente de importantes científicos europeos, así coma o viaxeiro que analiza e constrúe pezas basais da cultura galega; aquel que estaba presto para dar a súa opinión informada sobre asuntos da vida pública, ou mesmo aquel que quería unha educación racional, da vida e para a vida, e unha escola en galego.Sarmiento .Vida e obra, o libro preparado por Antón Costa Rico para dar a coñecer a figura homenaxeada o 17 de maio de 2002, pretende  debuxar o perfil desta senlleira personalidade, percorrendo a súa vida, o seu tempo e a súa obra, que é a dun investigador e un pensador  que se manifesta como galego e como ilustrado. Un percorrido que procura facerse co acompañamento de escritos breves saídos da súa pluma, e de varios apuntes informativos que axuden a captar as vicisitudes dunha biografía singular; a de alguén que, como el dixo, nada facía, dicía ou escribía sen ter o seu pensamento en Galicia.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

  • EPISTOLARIO DE ANTONIO AGUSTIN
    Antigo
    Titulo del libro
    EPISTOLARIO DE ANTONIO AGUSTIN
    FLORES SELLES, ANTONIO
    Universidad de salamanca. edicion
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    10,51 €

  • Vida de san Antonio de Padua
    Titulo del libro
    Vida de san Antonio de Padua
    Strappazzon, Valentin
    San pablo editorial
    Misionero en Marruecos, predicador y fundador de escuelas de teología en Italia y Francia, muere en Padua a la...
    No disponible

    6,20 €

  • La prisionera
    Titulo del libro
    La prisionera
    Oufkir, Malika / Fitoussi, Michèle
    Mondadori
    No disponible

    17,50 €

  • J. R. R. Tolkien: una biografía
    Titulo del libro
    J. R. R. Tolkien: una biografía
    Humphrey Carpenter
    Minotauro
    Humphrey Carpenter, autor entre otros libros de una biografía del poeta W.H. Auden, narra en esta obra la larg...
    No disponible

    13,00 €

  • JOSE MANUEL
    Titulo del libro
    JOSE MANUEL
    García Gómez, Génesis
    Almuzara editorial
    Cuando José Menese tenía 25 años, en el Diccionario Larousse ya aparecía su nombre, su discografía y la ex...
    No disponible

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • O libro negro da lingua galega
    Titulo del libro
    O libro negro da lingua galega
    Callón, Carlos
    Xerais
    Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    27,90 €

  • O porco centelludo
    Titulo del libro
    O porco centelludo
    Pérez Pintos, Irene
    Xerais
    Unha princesiña xogaba na praia co seu papaventos e cando viu un porco  tomando o sol nunha toalla se lle esca...
    No disponible

    8,65 €

  • È TEMPO DE ENTROIDO
    Titulo del libro
    È TEMPO DE ENTROIDO
    Veiga, Ramón;Sierra, David
    Xerais
    É tempo de Entroido, de festa, de máscaras, de filloas e de cocido. E que pasa cando se xuntan algúns dos pe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €

  • Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia
    Titulo del libro
    Guía ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia
    Rolán, Emilio
    Xerais
    Galicia posúe unha riqueza malacolóxica avalada polos máis de 693 quilómetros de costa de que consta o lito...
    No disponible

    3,00 €

  • Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora
    Titulo del libro
    Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora
    Reimóndez, María
    Xerais
    Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a o...
    No disponible