O soño da febre

O soño da febre

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471540805
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-080-5
Páxinas:
156
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
LITERARIA

16,90 €

IVE incluído
Comprar

Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no  Cairo), o autor vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás veces simbólicas e sempre presididas pola pantasma da febre. Na liña de Memoria de derribos, o autor volve explorar así o seu persoal universo imaxinario nun libro no que é a atmosfera a que "cose como un fío" as diferentes narracións  coa historia principal.Titulares de prensaO SOÑO DA FEBREAdicar un libro de relatos a un tema concreto é unha tarefa arriscada. Hai que ser moi habilidoso e ter un considerable dominio do oficio para saír airoso de semellante reto. Miguel Anxo Murado neste O soño da febre aposta por construír dez relatos de ton fantástico en torno a ese fenómeno fisiolóxico con resonancias espirituais.A estrutura do libro,  póren, non consiste sen máis nunha simple acumulación de contos. Por riba deles, como facendo de tendal do que van prendendo os relatos, aparecen unha serie de reflexións breves nas que o narrador entrelaza episodios familiares con excursos sobre a vinculación da febre coa xeografía, a literatura, a música, ou co mesmo devir da Historia. Esta  hibridación entre narración fantástica e testemuño persoal/autobiográfico por parte do autor non acada, con todo, as metas ás que parece aspirar o libro no seu conxunto. Estrañamente, esa  voz en primeira persoa que aparece entre relato e relato resulta máis  interesante e atractiva que moitas das historias ás que precede. E como se o autor se sentise máis cómodo no territorio da digresión persoal mesturando recordos verdadeiros ou inventados con citas eruditas que axustándose aos códigos do relato fantástico no que fai dez incursións cun resultado marcadamente irregular.O delirio febril -máis ca febre en si- é unha especie de chave que serve para abrir unha fenda no real e trasladar os protagonistas dos dez contos a outro  lugar e mesmo a outro tempo, onde os vivos pasean entre os mortos e os mortos fan acto de presenza entre os vivos. As fronteiras entre os mundos de ambos dilúense, tómanse porosas, e o período en que goberna a febre convértese en ponte inestábel pola que camiñar do mundo duns ao mundo dos outros, nunha especie de paréntese na vida dos protagonistas, postas en xogo ao completo.Os escenarios dos relatos son clásicos dos contos de pantasmas. Hai aldeas illadas por causa da neve, calellas escuras e personaxes inquedantes vagando por elas, animais extraordinarios que cargan cos desexos de vinganza dos amos falecidos, rapaces que non cumpren coas obrigas e cren que as portas do inferno están abertas de par en par para eles... pero tamén se introducen paisaxes pouco comúns nestas narracións: os territorios da Palestina ocupados polos israelís, unha plantación colonial de vainillas no medio do Camerún ou o piso dunha familia xudía londinense. O conxunto, como xa dixemos, é altamente irregular.Algúns dos contos parecen resolverse demasiado ás présas, sen captar a atención do lector por unha insuficiencia "atmosférica": no relato fantástico, o ambiente que se está a crear é, como mínimo, a metade da  historia, e en varias ocasións como en "Jan Van Riis" ou "A folla e o  paxaro", todo se fía ao impacto do desenlace, malogrando unhas historias que poderían dar máis de si. O emprego, en varias ocasións, do recurso de non saber ata o final se o protagonista ou protagonistas  están vivos ou mortos tamén falla en varias das historias onde se emprega: nelas dende o principio, a ambiguedade que debe impregnar todo o relato ata a relosución final non está ben construída, é demasiado naive, deixa ver de lonxe o que vai ocorrer. Póren, cando o autor decide estirar lixeiramente a duración dos seus contos e adicar algunhas páxinas máis á creación de atmosferas elaboradas (O soño da neve, ou O diaño do outono, con moito o mellor dos contos), os relatos  gañan en intensidade, e o seu tempo narrativo, pausado, calmo, no que  se escalonan con coidado os acontecementos, seduce o lector, introdúceo lentamente na historia que está a narrar e lévao con intensidade ata uns finais ben trabados e en consoancia coa lóxica interna do relatado.O esforzo de Murado é notable e di moito das súas pretensións como escritor, maáis o resultado final queda algo afastado  das súas intencións iniciais, e quedan finalmente como máis destacados na memoria do lector os dous contos máis extensos e as breves -e brillantes- digresións que van entre medias dos relatos.Eloy  GarcíaProtextaVerán 2007

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

  • Escrito en cafeterías
    Titulo del libro
    Escrito en cafeterías
    Nº 323
    Murado, Miguel Anxo
    Galaxia
    Un portaavións fabricado cunha aliaxe do metal fundido nas Torres Xemelgas, unha factoría de chalecos antibal...
    No disponible
  • El sueño de la fiebre
    Titulo del libro
    El sueño de la fiebre
    MURADO, MIGUEL ANXO
    Lengua de trapo editorial
    No disponible
  • Fin de século en Palestina
    Titulo del libro
    Fin de século en Palestina
    Murado, Miguel Anxo
    Galaxia
    Premio Libro do Ano 2008 da Asociación de Editores Galegos Premio AELG  2009 ao mellor ensaio. En 1998 o escri...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,30 €

  • Mercores de cinza
    Titulo del libro
    Mercores de cinza
    Murado, Miguel Anxo
    Galaxia
    No disponible

    11,20 €

  • Santiago de Compostela
    Antigo
    Titulo del libro
    Santiago de Compostela
    Murado López, Miguel Anxo
    Anaya touring
    " Una guía práctica y totalmente actualizada, ideal para realizar  un corto viaje a Santiago de Composte...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,90 €

Materia en Libreria Central - Navarra

Galaxia en Libreria Central - Navarra

  • Ser ou non
    Titulo del libro
    Ser ou non
    Borrazás, Xurxo
    Galaxia
    Na novela esborrállanse as fronteiras entre ficción e realidade. Un escritor, sexo en internet, unha aldea ab...
    No disponible
  • Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega
    Titulo del libro
    Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil. Para unha historia do cinema en lingua galega
    Nº 5
    AA.VV
    Galaxia
    Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    26,00 €

  • Mel nas filloas!
    Titulo del libro
    Mel nas filloas!
    Garrido Caramés, Rocío
    Galaxia
    Doces de sempre cunha nova ollada para continuar a tradición. Bicas, roscas, tortas, cocadas, torradas... Dend...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    21,75 €

  • Tres mulleres
    Titulo del libro
    Tres mulleres
    Nº 7
    ZWEIG, STEFAN
    Galaxia
    A acomodada Irene Wagner, a anciá Mrs. C. e unha anónima descoñecida son as mulleres que protagonizan estas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • Poemas galegos
    Titulo del libro
    Poemas galegos
    Blanco Amor, Eduardo
    Galaxia
    Moito antes de que Blanco Amor se dera a coñecer como prosista en lingua galega era xa coñecido como poeta. P...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,90 €