O camiño de abaixo

O camiño de abaixo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822817
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-281-7
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

18,95 €

IVE incluído

Xohán Casal (A Coruna, 1935-1960) foi, xunto aos seus amigos Raimundo Patiño e Antón Avilés de Taramancos, un dos creadores a mediados dos anos cincuenta da "Asociación de Artistas Ceibes" da Coruña. Falecido prematuramente, aos vinte e catro anos, Casal deixou inédita a súa obra literaria, que só vería a súa luz en 1970 coa edición, prepararada por Raimundo Patiño, dÆ O camiño de abaixo, trece contos que, a pesar da súa publicación serodia, poden ser encadrables dentro da "nova narrativa" galega. A presente edición dÆ O camiño de abaixo, preparada pola profesora Teresa Bermúdez, inclúe un longo estudo introdutorio sobre a figura de  Casal (sen dúbida o máis estenso dos publicados ata agora), os tresce  contos da primeira edición de 1970, así como as tres narracións engadidas na edición de 1985 ("Disquisicións dun señorito en materia de relixión", "O neno" e "o traxe aldeán". Completan o volume un apartado de apéndices onde se recollen diversos poemas e cartas sobre a figura de Xohán Casal, que este volume recupera. O camiño de abaixo é un inmenso berro, arrepiante e telúrico, que o mozo Xohán Casal ceibou en plena "longa noite de pedra"; un profundo berro ante a vida e a morte, ante a soidade, o amor e a loucura, ante o alleamento e sempre ante Galicia. Para Casal, a literatura era o instrumento supremo de comunicación e redención vital. A súa obra nace  dun desexo de transcendencia e dunha insaciable paixón vital, expresada cunha sorprendente firmeza e lucidez. Esta edición presenta novas perspectivas sobre O camiño de abaixo, nunha aproximación actualizada pola rigorosa análise dos relatos e pola incorporación dos testemuños de amigos e familiares do escritor. Ademais, por vez primeira, danse á luz os deseños de Casal, cuxa existencia desvela unha faceta creativa descoñecida, que proporciona un correlato visual ao universo literario deste autor excepcional.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Onde o mundo se chama Celanova
    Titulo del libro
    Onde o mundo se chama Celanova
    Ferreiro Míguez, Celso Emilio
    Xerais
    Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 - Vigo, 1979) é, sen dúbida, un dos autores máis emblemáticos da lite...
    No disponible

    9,00 €

  • Prehistoria, dinosauros, primeiros poboadores
    Titulo del libro
    Prehistoria, dinosauros, primeiros poboadores
    Benton, Michael / Cook, Elisabeth
    Xerais
    No disponible

    13,47 €

  • Ánxela e Spencer
    Titulo del libro
    Ánxela e Spencer
    Meixide, Carlos
    Xerais
    Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Roseira do teu mencer
    Titulo del libro
    Roseira do teu mencer
    Alvarez Blázquez, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    6,95 €

  • DARÍO A DIARIO
    Titulo del libro
    DARÍO A DIARIO
    Arias, Xela
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €