Narcos

Narcos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026298
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páxinas:
352
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco)  e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste  labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que  se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez. Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

  • La venganza del difunto
    Titulo del libro
    La venganza del difunto
    G. Reigosa, Carlos
    Harper collins iberica
    Un estremecedor suceso ocurrido durante la II Guerra Mundial en Vigo ?ciudad entonces atestada de espías nazis...
    No disponible
  • Pepa la loba
    Titulo del libro
    Pepa la loba
    Gonzalez Reigosa, Carlos
    Ediciones b
    Pepa la Loba, bandolera gallega por antonomasia, es un personaje situado entre la realidad y el mito del que se...
    No disponible

    5,95 €

  • LA VIDA DE OTRO
    Titulo del libro
    LA VIDA DE OTRO
    Nº 82
    REIGOSA, CARLOS G
    Akal
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    15,00 €

  • La agonía del león
    Titulo del libro
    La agonía del león
    Reigosa, Carlos G.
    Alianza
    El destino de Manuel Girón Bazán fue uno de los muchos que se vieron alterados en España por el comienzo de ...
    No disponible

    22,50 €

  • A vitoria do perdedor
    Titulo del libro
    A vitoria do perdedor
    Nº 324
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Arcadio Macías, perdedor dunha guerra e dunha posguerra, prepara a súa  saída de España. Está seguro de qu...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Calendario xerais mariñeiros José Suarez
    Titulo del libro
    Calendario xerais mariñeiros José Suarez
    AA.VV
    Xerais
    Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Mariñei...
    No disponible

    12,95 €

  • Lugar
    Titulo del libro
    Lugar
    Dans, Raúl
    Xerais
    No disponible

    8,25 €

  • Arquitectura popular en Galicia (Cast.)
    Titulo del libro
    Arquitectura popular en Galicia (Cast.)
    Llano, Pedro de
    Xerais
    Arquitectura popular en Galicia é a nova edición dun libro clásico, publicado hai xa máis de vinte anos, qu...
    No disponible

    44,25 €

  • As aventuras de Guauguau
    Titulo del libro
    As aventuras de Guauguau
    Gaspar Porras, Silvia
    Xerais
    No disponible

    7,60 €

  • O AROMA DO LIQUIDáMBAR
    Titulo del libro
    O AROMA DO LIQUIDáMBAR
    ALFAYA, AN
    Xerais
    Miro non sabía que Susana estaba no cárcere, e Daniel devecía de pena porque Adelaida marchara a Guatemala p...
    No disponible