Inmunda escoria

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499141039
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-103-9
Páxinas:
528
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

31,50 €

IVE incluído

«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A  universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos -malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista- e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro. - Contén DVD con 50 entrevistas.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • O Lobo guerrilleiro
    Titulo del libro
    O Lobo guerrilleiro
    Cruz, Bento da
    Xerais
    O lobo guerrilleiro -a novela coa que Bento da Cruz obtivo o Premio Diário de Noticias en 1991- narra a vida d...
    No disponible

    13,35 €

  • A media hora dos heroes
    Titulo del libro
    A media hora dos heroes
    O Hematocrítico
    Xerais
    Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigar...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Samos
    Titulo del libro
    Samos
    Cabanillas, Ramón
    Xerais
    Cando se cumpren cincuenta anos do falecemento de Ramón Cabanillas, Xerais reedita un libro inatopable que ago...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • Crazy
    Titulo del libro
    Crazy
    Lebert, Benjamin
    Xerais
    Cando Benjamin cumpre dezaseis anos inicia a experiencia do seu quinto  internado. Botárono dos catro centros ...
    No disponible

    11,80 €

  • Iniciación á lectura e á escritura
    Titulo del libro
    Iniciación á lectura e á escritura
    SUAREZ YAÑEZ, ANDRES
    Xerais
    No disponible

    15,00 €