Ganga

Ganga

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027240
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-724-0
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVE incluído

Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao  lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicómano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a  felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levará dende a súa Compostela, ao Hío, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo á India. Ganga viaxa para deixar atrás o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas máscaras dos seus seres máis próximos.Ganga é unha novela nómade, á que só se lle recoñecen ancoraxes xeográficas, porque  a súa trama trepidante conduce a unha festa de xéneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo é múltiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantástico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficción, do xénero fantástico ou da road movie.Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as  súas alucinacións cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da súa identidade, permítelle ao narrador ofertar un galano de poética neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuízos morais, rexeitando dogmas e imposicións, convencido de que a única forma de aprehender o mundo é non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasións das teses e reflexións sobre o amor, o sexo ou a propiedade, flúen tamén as claves dunha mitoloxía contemporánea que Antón Lopo dispuxo nunha sorte de irónica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelará as súas razóns e o seu  sentido ata practicamente a fin do texto.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

  • La muntanya glaçada
    Titulo del libro
    La muntanya glaçada
    Frazier, Charles
    Edicions 62
    No disponible

    12,10 €

  • Era por setembro
    Titulo del libro
    Era por setembro
    Quiroga, Xabier
    Xerais
    Aldara, a recente ministra do goberno de esquerdas, regresa a súa vila  natal para asistir a un enterro dun do...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,50 €

  • Cañas y barro
    Titulo del libro
    Cañas y barro
    Blasco Ibáñez, Vicente
    Debolsillo
    No disponible

    8,50 €

  • LAZARILLO DE TORMES
    Titulo del libro
    LAZARILLO DE TORMES
    Anónimo;Navarro, Rosa
    Edebe
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,00 €

  • Arsenio Lupin, caballero ladrón
    Titulo del libro
    Arsenio Lupin, caballero ladrón
    Leblanc, Maurice
    Edhasa editorial
    Maurice Leblanc (1864-1941) se educó en Francia, Alemania e Italia, y abandonó una incipiente carrera en la i...
    No disponible

    20,00 €

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Sarmiento, un intelectual ilustrado
    Titulo del libro
    Sarmiento, un intelectual ilustrado
    Allegue, Pilar
    Xerais
    A excelente obra de Pilar Allegue é unha importantísima aportación sobre a figura á que se lle dedica o Dí...
    No disponible

    6,70 €

  • O meu criado máis eu; Citomegalovirus
    Titulo del libro
    O meu criado máis eu; Citomegalovirus
    Guibert, Hervé
    Xerais
    No disponible

    8,75 €

  • Eu tampouco me chamo Flanagan
    Titulo del libro
    Eu tampouco me chamo Flanagan
    Martín, Andreu;Ribera, Jaume
    Xerais
    Eu tampouco me chamo Flanagan é a nova entrega da serie protagonizada por Flanagan, o detective adolescente cr...
    No disponible

    13,80 €

  • O fío vermello
    Titulo del libro
    O fío vermello
    Nº 235
    Aafaya, An
    Xerais
    A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrel...
    No disponible
  • Morgún
    Titulo del libro
    Morgún
    Nº 70
    De Toro, Suso
    Xerais
    A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, ha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €