Falar galego:

Falar galego: " no veo por qué "

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029398
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8302-939-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

23,00 €

IVE incluído

"Falar galego: no veo por qué", o ensaio de Ana Iglesias Alvarez, analiza o discurso espontáneo e privado, ou semiprivado, da maioría silenciosa, os que normalmente non teñen acceso ó discurso público, pois o que busca é a perspectiva dos propios falantes, protagonistas en definitiva do proceso de normativización e normalización das linguas. ¿Por que o meu fillo non fala galego se eu lle falo en galego?, ¿por que sinto o galego como «a miña lingua» e a pesar diso cústame tanto falala?, ¿por que acabo falando castelán sempre que alguén se dirixe a min nesta lingua?, ¿por que me molesta que a xente que toda a vida falou castelán agora empece a falar galego? Este libro  quere servir de guía para reflexionar sobre todas estas cuestións, tan importantes para a nosa sociedade. Falar galego: no veo por qué estudia a relación entre os distintos factores que nos levan a utilizar unhas linguas ou outras, descubrindo que non só as actitudes son importantes neste proceso, senón tamén o hábito, o contorno ou o nivel de competencia lingüística. E destácase, desde a perspectiva ideolóxica, a relevancia de distinguir o que afirmamos explicitamente do que queda só insinuado de forma implícita. Así poderemos comprobar que as nosas actitudes non son tan boas como reflicten as enquisas. Este estudio baséase no corpus resultante da realización de nove grupos de discusión, e achégase ás inquedanzas dos galegofalantes e dos castelanfalantes en torno ó tema das linguas, moi especialmente o galego.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Entre o si e o non
    Titulo del libro
    Entre o si e o non
    Franco Grande, X. L. / Araguas, Vicente, Com.
    Xerais
    No disponible

    9,20 €

  • Longa noite de pedra
    Titulo del libro
    Longa noite de pedra
    Ferreiro, Celso Emilio
    Xerais
    Longa noite de pedra (1962) é un dos libros claves para entender a nosa literatura contemporánea, libro emble...
    No disponible

    11,10 €

  • Narrativa galega: tempo do Rexurdimento
    Titulo del libro
    Narrativa galega: tempo do Rexurdimento
    Hermida Garcia, Modesto
    Xerais
    Narrativa galega: Tempo do Rexurdimento é o froito dun delongado e teimudo traballo que comenzou coa peregrina...
    No disponible

    13,95 €

  • A NOITE DAS BICICLETAS
    Titulo del libro
    A NOITE DAS BICICLETAS
    González Costa, Teresa
    Xerais
    Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Anxos en tempos de chuvia
    Titulo del libro
    Anxos en tempos de chuvia
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que  morren na madrugada viguesa dun sábad...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €