Contos da Coruña

Contos da Coruña

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826334
Ano de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9782-633-4
Páxinas:
264
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
CRONICA

20,95 €

IVE incluído
Comprar

Xurxo Souto convida aos lectores de Contos da Coruña a unha apaixonante viaxe ao fondo da memoria desta cidade e dos seus barrios populares, As Xubias, Eirís, Os Castros, A Gaiteira, Oza, O Montiño, Monelos, Elviña, Fontán, San Roque, O Labañou, que resumo son da Galicia toda. A Coruña que Xurxo Souto contempla colectivamente tracexada como unha cidade de músicos e navegantes, entre o palco da festa e o peirao do Muro, polo toque do acordeón e o golpe de mar. Xurxo Souto descúbrenos unha cidade inédita para os medios de comunicación: a Coruña como unha cidade atlántica (onde sopra o vento de Nova York), enxebre e cosmopolita; como unha pedra chantada no océano; como unha cidade que naceu do mar e no mar ha ter o seu futuro. Contos da Coruña é un primeiro e único manual de épica cascarilleira. Velaquí as grandes historias de heroes anónimos da Coruña como o Periquete, o patrón máis novo que mandou un pesqueiro de altura; os percebeiros da Punta Herminia; Pucho Boedo e Sito Sedes, cantantes preciosistas; o ciclista Clemente; ou Manuel Cajaraville, o gran bailador de Aturuxo e Cantigas da Terra. Velaquí un periplo tasqueiro insólito, que nos leva dende o Bar Los Claveles, sede do esplendor da tapa de orella prensada, ata A Toquera, refuxio de mariñeiros, ou á apoteose de os Peteras dos Belés, taberna fermosa no medio das torres de Monelos. Velaquí un libro que recolle tamén a primeira antoloxía do  cantigueiro cascarilleiro, inzada de emocionantes repichocas e cantareas de historias lindas da memoria popular. Contos da Coruña é, pois, un convite fraternal para armar un poderoso periplo tasqueiro no que procurar toda a xenerosidade gastronómica das  nosas comarcas e das terras estremeiras de Galicia, agora felizmente cartografadas nos bares, tascas, baiucas e adegas do vello plano da Cidade do faro. Contos que arroutan o peito e aclaran a gorxa para nos  dicir quen somos e que facemos neste curruncho da Humanidade ao que ben chamamos Galicia.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

  • A novela do Bravú
    Titulo del libro
    A novela do Bravú
    Souto, Xurxo
    Xerais
    Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos no...
    Próximo lanzamento! Dispoñible dende o 13-11-2025
  • A tralla e a arroutada
    Titulo del libro
    A tralla e a arroutada
    Souto, Xurxo
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

  • Fumareu
    Titulo del libro
    Fumareu
    Souto, Xurxo
    Xerais
    No disponible

    11,75 €

  • Tres trebóns
    Titulo del libro
    Tres trebóns
    Souto, Xurxo
    Xerais
    "Tres trebóns" de Xurxo Souto reúne cinco relatos ("As fontes de Compostela", "A pesca do Mar-rau", "Aldea te...
    No disponible
  • A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    Titulo del libro
    A GRAN TRAVESÍA DE CHIRUCA MACALLÁS
    Nº 433
    Souto, Xurxo
    Xerais
    O arrastreiro Macallás sae das Arneiras, a cidade da Torre e da area do Berbés. O seu destino: Rockall, rocha...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

Materia en Libreria Central - Navarra

  • Amore
    Titulo del libro
    Amore
    Nº 6
    Bort Juan, Miquel
    Onada edicions
    Mar Rosé, una mujer a punto de llegar a los cuarenta, casada y con un hijo, un día, mientras trabajaba en el ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,00 €

  • El confidente
    Titulo del libro
    El confidente
    Eichenwald, Kurt
    Galaxia gutenberg
    ¿Denunciarías a tu propia empresa? A principios de la década de 1990, Mark Whitacre, un alto ejecutivo de un...
    No disponible
  • LA HUELLA DEL DOLOR
    Titulo del libro
    LA HUELLA DEL DOLOR
    URRA, JAVIER
    Morata editorial
    La violencia de género es estructural, sus raíces están extendidas por  todo el mundo, desde una concepción...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    18,80 €

  • La llibreria dels finals feliços
    Titulo del libro
    La llibreria dels finals feliços
    Bivald, Katarina
    Labutxaca
    La Sara, una noia sueca de vint-i-vuit anys, i l Amy, de seixanta-cinc, veïna de Broken Wheel, un petit poblet...
    No disponible
  • Debacle en Nagoragorana
     IBD
    Titulo del libro
    Debacle en Nagoragorana
    Aguirre González, Francisco Javier
    Nagoragorana es un territorio imaginario creado por el autor. Puede ser que alguien pretenda identificarlo, per...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

Xerais en Libreria Central - Navarra