Caer abrindo círculos pechados

Caer abrindo círculos pechados. Homenaxe á profesora Amparo Solla

Nº:
13
Editorial:
Universidade de vigo
EAN:
9788481589337
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-8158-933-7
Páxinas:
326
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Homenaxes

As compañeiras e compañeiros de Amparo Solla ao longo de moitos anos de convivencia en aulas, departamento, facultade e vida, quixémoslle render unha sentida e emotiva homenaxe a unha persoa que foi exemplo de docente entregada ao alumnado e compañeira alegre e fraterna. Ademais das colaboracións de profesorado do noso Departamento de Filoloxía Galega e Latina dos tres campus, este volume complétase coa achega de exalumnos e compañeiros doutros departamentos para lle tributarmos unha merecida homenaxe e un cariño a unha gran compañeira,  docente de Lingua e Literatura Galegas do campus das Lagoas, nos altos de Marcosende, en Vigo. Ábrese este volume cunha nota íntima e biográfica, seguida de 14 variados estudos sobre literatura, onomástica, conto popular, pedagoxía, tradución, retórica, teatro, fraseoloxía que recoñecen e agradecen deste xeito o labor de Amparo Solla, tal e como se mostra no cabezallo de moitos dos textos. Son contribucións guiadas polo recoñecemento e o agradecemento a quen durante moitos anos compartillou a nosa angueira de re-prestixiar e normalizar a nosa lingua e o noso sistema literario desde as aulas universitarias de Vigo, desde unha docencia exercida con cariño e entrega ao alumnado e un compañeirismo sempre cheo de empatía e alegría. Beizón sempre, Amparo Solla González.

Materia en Libreria Central - Navarra

Universidade de vigo en Libreria Central - Navarra

  • Economía básica
    Titulo del libro
    Economía básica
    Nº 60
    Pardellas, Xulio / Padin, Carmen
    Universidade de vigo
    No disponible
  • A astrofísica.
    Titulo del libro
    A astrofísica.
    Nº 5
    Ulla Miguel, Ana
    Universidade de vigo
    Astrofísica é unha palabra de orixe grega, de aster = estrela e physis  = natureza. Corresponde así ao estud...
    No disponible
  • ECONOMATES
    Titulo del libro
    ECONOMATES
    Nº 58
    Vázquez Pampín, Carmen
    Universidade de vigo
    Este manual inclúe os contidos das materias de Matemáticas no grao de Economía que actualmente se imparte na...
    No disponible
  • Elaboración de TFG, TFM e teses
    Titulo del libro
    Elaboración de TFG, TFM e teses
    Nº 77
    Novelle López, Laura
    Universidade de vigo
    O Plan Boloña foi un ciclón que veu a axitar a vida do estudantado: da  noite para a mañá víronse na obrig...
    No disponible
  • Álxebra linear
    Titulo del libro
    Álxebra linear
    Nº 79
    González Rodríguez, Ramón
    Universidade de vigo
    É ben coñecido que a álxebra linear é unha materia que aparece nas memorias da maior parte dos graos de con...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,00 €