As chamadas perdidas

As chamadas perdidas

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028117
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-811-7
Páxinas:
216
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

19,50 €

IVE incluído

Como cando as paredes oen aos amantes, "Así, máis, máis, máis", estes novos relatos de Manuel Rivas, o autor de A lingua das bolboretas e O lapis do carpinteiro, non foxen da realidade senón que procuran máis e  máis: ¡Máis realidade! A memoria viaxa no lombo da linguaxe. Os recordos aquí non son pasado. Serven para a restauración da vida por medio tamén das sensacións e dunha mirada táctil. A vida concibida como unha sucesión de chamadas, das que as máis importantes son as que  quedan no aire, aquelas coas que non establecemos contacto. O impacto  destas perdas fai cambalear a existencia cotián. Esa excitación, ese erguerse na caída, é o punto de partida deste libro emocionante.Estamos ante un realismo íntimo, onde golpea o abraio e a sorpresa, pero que refuga a convención do "máxico". Pola contra reclama máis e máis realidade: a que se oculta, agocha ou se disfraza.  A literatura ven ser a nosa intrahistoria, e o camiño que aquí vai abrindo a escritura semella un paso clandestino, con tramos inquietantes, que nos leva á paisaxe da emoción. Os vintecatro relatos  de As chamadas perdidas rebélanse contra a fatalidade. Os personaxes loitan, corpo a corpo, contra a tristeza e a soidade. Fanse fortes co seu fío de esperanza e coas súas puñadas de humor e ironía. Cada relato parte dunha dimensión social que ser ve ao autor para expresar o ámbito persoal máis có colectivo. Esa viaxe interior dos personaxes avanza paralela a únha viaxe interna do libro, estructurado ao xeito dunha mar aberta, desde contos dunha factura máis clásica como "Nós os  dous" , "O heroe" ou "O partido de Reis" a outros máis experimentais como "Snif, bang, bla, bla, bla" ou "Todos os animais falan". Vintecatro contos moi cinematográficos, escritos coa mestría característica da prosa de Manuel Rivas, constitúen, tamén, unha viaxe  dende aquela Galicia popular dos anos sesenta, cando chegan os electrodomésticos e os mozos e mozas acudían aos salóns de baile, ata hoxe en día.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

  • EL ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    Titulo del libro
    EL ÚLTIMO DÍA DE TERRANOVA
    RIVAS, MANUEL
    Debolsillo
    La nueva novela de Manuel Rivas. La historia de una librería donde confluyen historias de amores, libros prohi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,95 €

  • ¿que me quieres amor? fg
    Titulo del libro
    ¿que me quieres amor? fg
    Rivas, Manuel
    Punto lectura
    Cada relato en este libro es un hechizo urdido por el indiscutible ritmo y sensibilidad de Manuel Rivas. Da nom...
    No disponible

    8,95 €

  • Luzes nº136
    Titulo del libro
    Luzes nº136
    Pereiro, X.M. / Rivas, Manuel
    Revista luzes
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,00 €

  • Premios Pedrón de Ouro
    Titulo del libro
    Premios Pedrón de Ouro
    Moreno Fernández, Xosé Antonio / Blanco Rivas, Manuel / Riveiro Coello, Antón
    Do castro
    No disponible

    10,00 €

  • Ela, maldita alma
    Titulo del libro
    Ela, maldita alma
    Rivas Barros, Manuel
    Galaxia
    Neste libro de relatos reencontrámonos co escritor que emocionou a tantos lectores con títulos como O lapis d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,15 €

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra