As cartas do destino.

As cartas do destino.

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887913
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8288-791-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
MEMORIA

21,20 €

IVE incluído
Comprar

Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigación histórica desenvolvido por Xosé M. Nuñez Seixas e Raúl Soutelo a partir da correspondencia mantida ao longo de cincuenta anos polos membros dunha familia de emigrantes galegos en América. A voz dos outras veces protagonistas anónimos da historia chega agora aos lectores e lectoras de maneira directa a través das cartas que se inclúen no libro que editorial Galaxia publica na colección Memoria. Entre América e Galicia circularon durante medio século as cartas da familia Naveiras, orixinarios da parroquia de Ferreira, no concello ferrolterrán de San Sadurniño. As angueiras e arelas destes galegos que marcharon traballar alén mar quedaron así fixadas por escrito. As cartas do destino recolle unha correspondencia de máis de duascentas cartas para, a partir delas, os historiadores Xosé M. Seixas e Raúl Soutelo reconstruíren a historia dunha vida. Mediante a investigación feita polos autores do libro, o lector ou lectora pode compartir unha experiencia semellante a dos centos de milleiros de galegos que atravesaron o Atlántico, ao tempo que ten acceso directo ao testemuño daqueles que nunca deixarán de pensar na súa terra. As dificultades da  vida cotiá, profesional e familiar, as relacións entre os galegos emigrados e as destes cos que permaneceron en Galicia, o asociacionismo como xeito de recrear os vencellos sociais da terra de orixe e o constante afán por axudar ao progreso de Galicia coa construción de escolas e axuda económica, quedan reflectidas nun libro  no que os auténticos protagonistas falan en por si.

Materia en Libreria Central - Navarra

Galaxia en Libreria Central - Navarra

  • Soidades de Ana
    Titulo del libro
    Soidades de Ana
    Sierra i Fabra, Jordi
    Galaxia
    No silencio da ausencia, a súa irmá intenta reconstruír os últimos días de Ana, cando, abandonada por todo...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,10 €

  • Os ollos do irmán eterno (novela gráfica)
    Titulo del libro
    Os ollos do irmán eterno (novela gráfica)
    Nº 7
    Zweig, Stefan
    Galaxia
    Esta é a primeira novela gráfica de Borja Dierez, unha adaptación da novela omónima Die augen des ewigen Br...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,70 €

  • O pensamento político de Ramón Piñeiro
    Titulo del libro
    O pensamento político de Ramón Piñeiro
    Nº 124
    Rodríguez Álvarez, Serxio María
    Galaxia
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa batalla cultural pola  definición do paradigma nacional, tr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,85 €

  • Sempre en Galiza. Escolma
    Titulo del libro
    Sempre en Galiza. Escolma
    Castelao
    Galaxia
    Este pequeno libro contén algunhas das pasaxes máis relevantes de Sempre en Galiza, libro capital do galeguis...
    No disponible

    5,10 €

  • A vida e obra de Xaquín Lorenzo
    Titulo del libro
    A vida e obra de Xaquín Lorenzo
    González Reboredo, Xosé Manuel
    Galaxia
    Neste libro, González Reboredo traza un completo retrato da personalidade de Xaquín Lorenzo, etnógrafo ouren...
    No disponible

    8,00 €