Abrapalabra!

Abrapalabra!

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498653113
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-9865-311-3
Páxinas:
58
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
210
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
VARIOS

15,50 €

IVE incluído

A lingua é máxica. As palabras lense de arriba a abaixo, de esquerda a  dereitaà e ata en diagonal! A que non sabías que ti podes ser tamén un mago? Coas palabras podemos xogar. Coas palabras podemos brincar. Coas palabras podemos gozar. Cal é o teu nivel? Aprendiz de Mago?, Mago?, Supermago? ABRAPALABRA! é un dos libros máis estraños (por divertido, por curioso), de todos cantos teñas visto na vida. Porque cantos libros coñeces que se soteñan de pé? E o que ten a maxia. Que nos permite facer este tipo de cousas. Para escribir ABRAPALABRA! xuntáronse dous magos ben interesantes, cada un deles especialistas nun tipo de ilusionismo diferente. Por unha banda, Antón Cortizas, mago máis que recoñecido na arte de xuntar letras pero non á maneira habitual. Este mago é quen de escribir do dereito e do revés, e da súa  pluma máxica saen poemas só cunha letra, con formas singulares, ou con outras palabras dentro que vas ter que descobrir. O outro mago é Carlos Coira, un dos de chisteira e variña. Afeito dende hai moitos anos a sacar coellos de onde non se espera e en facer desaparecer calquera obxecto grande ou pequeno. El vaiche ir guiando para que aprendas a ser de cada vez mellor mago. Dende o nivel de "aprendiz" ata "supermago" hai un treito que o libro che axudará a cruzar. Os dous magos xuntáronse para, entre os dous, e co traballo de ilustración dese outro mago, dos pinceis, das formas e das cores que é  Jacobo Fernández Serrano, elaborar este libro que che vai permitir gozar da maxia das palabras galegas pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre todo, moi moi moi doado.
 Ollo con este libro, vaia mago que vas dar!

Materia en Libreria Central - Navarra

Galaxia en Libreria Central - Navarra

  • Nenos
    Titulo del libro
    Nenos
    Castelao
    Galaxia
    Nos debuxos de Castelao, os nenos foron sempre tratados cun exquisito coidado formal. ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • Feixe de flores para Galicia
    Titulo del libro
    Feixe de flores para Galicia
    Nº 138
    Outes Ruso, Xosé Luís
    Galaxia
    Feixe de flores para Galicia é o froito dalgunhas reflexións sobre o desenvolvemento do capitalismo desde os ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,20 €

  • LETRAS ARGENTINAS, LETRAS GALLEGAS
    Titulo del libro
    LETRAS ARGENTINAS, LETRAS GALLEGAS
    ALONSO MONTERO, XESUS
    Galaxia
    En Letras argentinas, letras gallegas, el autor examina tres capítulos  muy importantes de la relación engre ...
    No disponible
  • A muller de ferro
    Titulo del libro
    A muller de ferro
    Neira Vilas, Xosé
    Galaxia
    Un conxunto de relatos que teñen como escenario e protagonista o mundo  rural galego, observado por Neira Vila...
    No disponible

    15,50 €

  • Biografia de don juan de la coba
    Titulo del libro
    Biografia de don juan de la coba
    Nº 16
    Casares, Carlos
    Galaxia
    No disponible