A retirada de sir John Moore

A retirada de sir John Moore

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027721
Ano de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANOS
ISBN:
978-84-8302-772-1
Páxinas:
48
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
COMICS

15,55 €

IVE incluído

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse  á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da  arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da  peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade  da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros.  O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se  impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter  mesmo no fragor da batalla de Elviña.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Dietario pel 2006
    Titulo del libro
    Dietario pel 2006
     
    Xerais
    No disponible

    59,77 €

  • As cidades invisibles
    Titulo del libro
    As cidades invisibles
    Calvino, Italo
    Xerais
    Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os...
    No disponible

    16,65 €

  • Aqueles corpos nosos
    Titulo del libro
    Aqueles corpos nosos
    Gómez Ramos, Adrián
    Xerais
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Commedia
    Titulo del libro
    Commedia
    Goldini, Carlo
    Xerais
    Presentamos, un texto en continuo reaxuste. Un texto que hoxe xa non é  o da estrea e que mañá xa non será ...
    No disponible

    8,25 €

  • Proxecto Xea Clío, Familia e escola, Educación Primaria, 3 ciclo
    Titulo del libro
    Proxecto Xea Clío, Familia e escola, Educación Primaria, 3 ciclo
    Figueras Casanovas, Carme / Lladó Subiña, Conxita / Pujol, M. A.
    Xerais
    No disponible

    6,00 €