A memoria de Lugo

A memoria de Lugo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025932
ISBN:
978-84-8302-593-2
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

85,30 €

IVE incluído

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana  da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,"Da cidade de Lugo" , propón un paseo pola cidade dende a Praza  da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, "Mariñas e Terras do Norte", evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, "De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá", ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,"Val de Lemos e Terras do Sur", recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés,  así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Lixeiro
    Titulo del libro
    Lixeiro
    Ramos, Ismael
    Xerais
    «Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os  desencantos do presente e a procura...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Tristes armas
    Titulo del libro
    Tristes armas
    Mayoral, Marina
    Xerais
    Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    11,80 €

  • Cándido
    Titulo del libro
    Cándido
    Voltaire
    Xerais
    Cándido é a obra máis universal de Voltaire (...) impresionado polo terremoto de Lisboa de 1775, Voltaire in...
    No disponible

    8,80 €

  • Canon de alcoba
    Titulo del libro
    Canon de alcoba
    Mercado, Tununa
    Xerais
    A obra de Tununa Mercado ofrece unha escritura feminina e singular. Os  seus textos caracterízanse pola levida...
    No disponible

    8,60 €

  • Ámote leo a:destino xalundes
    Titulo del libro
    Ámote leo a:destino xalundes
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €