A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra

A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652666
Ano de edición:
Materia
BIOGRAF?AS
ISBN:
978-84-9865-266-6
Páxinas:
164
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

9,00 €

IVE incluído

Uxío Novoneyra está xa gravemente enfermo e rememora a súa vida, desde  O Courel da II República ás rúas de Zúric onde viu, a primeiros da década de 1990, os rapaces anestesiarse con heroína. Xorden así unhas memorias concibidas con aparencia de autobiografía, nas que a figura totémica de Novoneyra o inunda todo. En A distancia do lobo, Antón Lopo utiliza a obra do poeta, as súas entrevistas e os seus discursos para reconstruír a traxectoria vital dun escritor que mantivo a liberdade como principio irrenunciable. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e  con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia. A represión da ditadura, o principio de liberación dos pobos, a bohemia,  o refuxio das tertulias ou as dificultades de forxar un ámbito cultural propio nos comezos da autonomía en Galicia, son algunhas das estacións dun percorrido que fai escintilar a práctica totalidade da poliédrica persoalidade dun home que converteu a poesía nunha forma de  comportamento.
 Biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2010

Materia en Libreria Central - Navarra

Galaxia en Libreria Central - Navarra

  • Linguas longas
    Titulo del libro
    Linguas longas
    López Rodríguez, Xavier
    Galaxia
    Cunha ollada que cuestiona os mecanismos da sociedade, Xavier López Rodríguez relátanos o destino emocionant...
    No disponible
  • Os Gazafellos
    Titulo del libro
    Os Gazafellos
    Carballude, Pepe
    Galaxia
    Pepe Carballude naceu na aldea de Rubín (A Estrada) en 1956. Desde pequeno medrou escoitando contos populares ...
    No disponible
  • As músicas interrompidas
    Titulo del libro
    As músicas interrompidas
    AA.VV
    Galaxia
    Balboa, Macías e Viaño ocupan un lugar destacado na perspectiva da creación musical galega de finais do séc...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,30 €

  • Por mor de cinco pizzas aos catro queixos
    Titulo del libro
    Por mor de cinco pizzas aos catro queixos
    Nº 251
    Neira Cruz, Xosé A.
    Galaxia
    Uns días antes do Nadal, Piero desapareceu. Estaba a papar a última das cinco pizzas que apostara manducar de...
    No disponible
  • O último adeus
    Titulo del libro
    O último adeus
    Nº 8
    Conan Doyle, Arthur
    Galaxia
    As aventuras do máis famoso detective de todos os tempos. Na Inglaterra vitoriana, Holmes resolve os casos má...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,70 €