CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL
 IBD

CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873334
Ano de edición:
Materia
ECONOM?A E EMPRESA
ISBN:
978-84-8487-333-4
Páxinas:
248
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

18,00 €

IVE incluído
Comprar

CRISE E RADICALIZACIÓN NEOLIBERAL.
AS ALTERNATIVAS SILENCIADAS

Este libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixes até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos  feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno Central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual.

Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervención no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade.  De aí ese estilo directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están destrás dos argumentos expostos.
Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases  para o progreso social e a preservación da diversidade.

Outros libros do autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Laiovento (ibd) en Libreria Central - Navarra

  • O bosque sem saída
     IBD
    Titulo del libro
    O bosque sem saída
    Xavier Rodríguez Baixeras
    Laiovento (ibd)
    Ninguém sabe abrir a porta que conduz aosâmbitos da solidão. Não há saída do labirinto dobosque vazio. Ex...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • Socialismo en Europa 2020
     IBD
    Titulo del libro
    Socialismo en Europa 2020
    Xabier Pérez Davila
    Laiovento (ibd)
    Título: Socialismo en Europa 2020.Subtítulo: Unha ambiciosa proposta socialista, feminista e ecolóxica.A des...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    39,95 €

  • O reiciño de Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    O reiciño de Galiza
    Nº 15
    Hugo, Victor
    Laiovento (ibd)
    Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Vict...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • DRAMTRICULAS
     IBD
    Titulo del libro
    DRAMTRICULAS
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    A medio camiño entre un libro de contos e un de poemassitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outra...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • Entre a memoria e o esquecemento
     IBD
    Titulo del libro
    Entre a memoria e o esquecemento
    Nº 485
    Acevedo López, Guiomar
    Laiovento (ibd)
    Subtítulo: Unha visión do pasado español dendeo exilio republicano  en MéxicoA autora, especializada en est...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €