Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651898
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-189-8
Páginas:
456
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

Segundo Xesús Alonso Montero, Ramón Piñeiro non só logrou continuar o proxecto tronzado en 1936 senón reinventar a cultura galega. O autor salienta o papel do intelectual galeguista como promotor da recuperación da cultura galega en plena ditadura franquista, nun momento en que as Letras en lingua galega, na Galicia franquista, eran  irrelevantes, case inexistentes, e o uso social do vello idioma do país faría pensar que ese idioma só había producir, no futuro, unha literatura subalterna, "dialectal" e folclórica. Nese marco tan precario, cando non hostil, xorde o proxecto cultural que Alonso Montero describe pormenorizadamente en Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Desde o período anterior á Guerra Civil ata o seu papel como director literario de Editorial Galaxia, pasando polos anos  de cárcere, a súa relación coa mocidade e a polémica con Luís Seoane,  o libro é unha biografía intelectual de Piñeiro e un fresco do panorama cultural da época.
 Con motivo do Día das Letras Galegas dedicado a Ramón Piñeiro, Editorial Galaxia publica este libro no que o profesor Xesús Alonso Montero fai un percorrido pola vida e a obra do escritor, realizando un retrato moral e intelectual do autor de Filosofía da saudade.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Galaxia en Libreria Central - Navarra