O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

9,80 €

IVA incluido

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • Juan Rof Codina
    Titulo del libro
    Juan Rof Codina
    Conde Gómez, Diego
    Xerais
    Os cambios que se produciron no campo galego entre o século XIX e o XX, non poden ser entendidos sen o coñece...
    No disponible

    21,95 €

  • NEMO
    Titulo del libro
    NEMO
    MOROSINOTTO, DAVIDE
    Xerais
    Un misterioso rapaz sen pasado, unha rica herdeira que foxe do seu destino e un ex acróbata unirán as súas f...
    No disponible

    14,25 €

  • O amor nos escuros días de Birkenau
    Titulo del libro
    O amor nos escuros días de Birkenau
    Nº 393
    Canal, Alberto
    Xerais
    É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • O Estatuto de Galicia
    Titulo del libro
    O Estatuto de Galicia
    Sarmiento Méndez, Xosé Antón
    Xerais
    "O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe a...
    No disponible

    33,25 €

  • Derradeira carta aos Reis Magos
    Titulo del libro
    Derradeira carta aos Reis Magos
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Paulo, un neno de oito anos, vive nunha bufarda da rúa peonil máis céntrica da cidade. A súa nai traballa d...
    No disponible

    8,65 €