O libro negro da lingua galega

O libro negro da lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411101196
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-11-10119-6
Páginas:
768
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
175
Alto:
240
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
OBRAS DE REFERENCIA - XERAIS UNIVERSITARIA - LINGUA E LITERATURA

27,90 €

IVA incluido
Comprar

Por vez primeira un libro céntrase en recoller e explicar testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos, coa divulgación de moitos documentos pouco ou nada coñecidos. Nas súas páxinas abordamos a crueldade dos castigos nas escolas por falar na lingua prohibida, acreditados desde 1543 até 1980: vareadas, de xeonllos sobre garavanzos, pedras nos petos, o método do anel etc. Abrimos un camiño para o estudo das multas franquistas por "hablar al público en gallego» e das inspeccións por «exagerado acento gallego". Revoltámonos coa profanación da lápida de Alexandre Bóveda para lle castelanizaren o nome e publicamos regulamentos escolares inéditos que  perseguían o galego no século XVIII. Detémonos na negativa do Consejo  de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616. Vemos como o director da Real Biblioteca española no Setecentos decidiu non imprimir as "Cantigas de Santa María" por achar «extravagancia y mal gusto» a poesía en galego. Asistimos a queimas de libros e mesmo nos abraiamos ao saber que millares de cartas do padre Sarmiento acabaron como papel hixiénico. Ollamos o caso do taxista que perdería o traballo se en 48 horas non rotulaba "Rianjo" no seu vehículo e lembramos que en 1980 o Ministerio de Educación expedientaba e exhortaba a «repudiar» o profesorado que ensinaba en galego sen cobertura legal. Debruzámonos sobre estas e outras 1001 noites de pedra para así podermos entender como chegamos até aquí e como podemos gañar o futuro  para a lingua que nos une.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

  • INSCRICIÓNS
    Titulo del libro
    INSCRICIÓNS
    Nº 81
    Callón, Carlos
    Galaxia
    A morte. A vida. O que as une. Pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o a...
    No disponible
  • En castellano no hay problema
    Titulo del libro
    En castellano no hay problema
    Callón, Carlos
    Xerais
    Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que aborda...
    No disponible

    20,95 €

  • Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
    Titulo del libro
    Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
    Callón, Carlos
    Xerais
    En Como defenderes os teus dereitos lingüísticos Carlos Callón proponnos que protagonicemos no día a día a...
    No disponible
  • COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCION E FLUIDEZ
    Titulo del libro
    COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCION E FLUIDEZ
    CALLON, CARLOS
    Xerais
    De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de us...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • A abertura da boca
    Titulo del libro
    A abertura da boca
    Nº 99
    Callón, Carlos
    Galaxia
    No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de ?abertura da boca?, uep-rá. Con el, consegu...
    No disponible

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra