No país das vacas

No país das vacas

EAN:
9788497826969
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9782-696-9
Páginas:
200
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
GRANDES OBRAS

Dende hai séculos asóciase a imaxe da vaca a Galicia, pero pouco sabemos do mundo que se desenvolve arredor deste animal. Hoxe a vaca é  a columna vertebral do medio rural en Galicia. As 450.000 vacas das 14.000 granxas producen 2,3 millóns de toneladas de leite por ano (o 32% da produción estatal), datos que fan de Galicia a primeira potencia leiteira española.
 Este libro, No país das vacas do fotógrafo Xurxo Lobato, quere ser un tributo visual á vaca, explicar como vive, de que vive e quen vive dela. Pretende dar a coñecer visualmente a tecnoloxía aplicada nas granxas, a variedade de razas autóctonas, a industria láctea e da carne, a gastronomía ou presentar como as vacas son obxecto de estudo na universidade. Ademais, o libro pretende presentar as representacións iconográficas onde aparece a vaca, dende o baixorrelevo romano atopado en Becerreá ao cartel de Castelao na campaña a favor da Autonomía; dende as esculturas de Asorey ás cerámicas de Seoane e pinturas de Laxeiro, pasando polo seu protagonismo na literatura galega ou nos programas de televisión.
 O libro inclúe, tamén, dous ensaios moi clarificadores e divulgativos,  os do catedrático Lourenzo Fernández Prieto ("Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas"), que aborda o aspecto histórico; e do xornalista Julián Rodríguez ("Moita máis luz que sombras"), que achega os datos económicos básicos sobre a actual situación do sector. Ademais, acompañando as fotos e aos ensaios, diversos testemuños escritos protagonizan a mirada plural de como ven a vaca representantes de sectores sociais moi distintos. Uns dende a complicidade de quen convive con elas e outros dende a nostalxia da súa nenez ou dende unha visión urbana.
 Un libro fermoso e poliédrico que aspira a que os seus lectores e lectoras coñezan un pouco mellor o país das vacas, a súa importancia na sociedade galega, mesmo para chegar a converter a vaca nunha das iconas da nosa identidade do século XXI.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

  • Pobreza
    Titulo del libro
    Pobreza
    Desmond, Matthew
    Capitan swing libros
    En este libro de referencia, el aclamado sociólogo Matthew Desmond se basa en la historia, la investigación y...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,00 €

  • Caçadors de bolets
    Titulo del libro
    Caçadors de bolets
    Tv3
    Es la guia per gaudir dels bolets al bosc i a casa. CaÇador de bolets,  la guia del programa de TV3, exposa to...
    No disponible

    18,00 €

  • V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Titulo del libro
    V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Pacho Blanco, Xosé Manuel;Freixeira Ferreira, Eva;Montero Martínez, Rebeca;Manuel Román
    Xosé Manuel Pacho Blanco foi o gañador do Vº Premio de Teatro Radiofónico "Diario Cultural" da Radio Galega...
    No disponible

    16,05 €

  • Los árabes en el mundo moderno
    Titulo del libro
    Los árabes en el mundo moderno
    Ajami, Fouad
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,50 €

  • El deporte en la literatura
    Titulo del libro
    El deporte en la literatura
    Nº 34
    Arnaldo Alcubilla, Enrique
    Una sorprendente combinación de pasión deportiva y talento literario: un libro ágil, fascinante y repleto de...
    No disponible