Muller no baño

Muller no baño

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071220
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-7507-122-0
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

19,50 €

IVA incluido

Muller no baño recolle setenta e cinco textos de Manuel Rivas, unidades dese xornalismo intencional que fixa un obxectivo e pretende provocar algún tipo de cambio, artigos escritos, na súa maior parte, durante a súa estadía en Londres, ademais dunha gavela dos publicados en Luzes de Galicia e noutras revistas de arte. O libro recolle o seu título do texto homónimo co que se inicia este volume. Dialogando coa protagonista do cadro de Roy Liechtenstein Woman in the bathroom, Rivas engarza un relato de ficción que constitúe unha travesía pola presencia da muller na pintura dos dous últimos séculos e un ensaio paralelo sobre invisibilidade do traballo feminino e o papel da muller, desde a década de 1960, como productora social de harmonía e equilibrio dentro da sociedade. Abrese así, un volume onde a mirada inquisitiva de Rivas se pousa encol da cotidianidade agochada da sociedade actual: analiza acontecementos e problemas como o terrorismo  doméstico contra as mulleres e os nenos, os novos tipos de familia, a  paixón amorosa, a incomprensión coa mocidade, a marxinación dos emigrantes, o saqueamento da memoria que provoca a enfermidade de Alzheimer, o papel da televisión e dos actuais medios de masas, as formas do novo turismo, a falsa reforma educativa, a paisaxe publicitaria concibida como segunda natureza contemporánea, o crime do  esquecemento e da desmemoria, ou a pobreza devastadora provocada polo  actual proceso de mundialización. Muller no baño é, tamén, unha lúcida reflexión sobre a creación e as artes contemporáneas. A pintura, a escultura, a arquitectura, o cine, a fotografía e a propia literatura abórdanse nestes luminosos textos onde Rivas aposta por unha arte que nos achegue ao coñecemento das almas perdidas que transitan por unha realidade enmascarada polo ruído da sociedade mercantilista. Uns e outros textos de Muller no baño posúen densidade humana, rebordan credibilidade e esperanza porque están escritos dende  a profundidade da vida.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

  • TD
    Titulo del libro
    TD
    Rivas Barros, Manuel
    Punto lectura
    No disponible

    10,95 €

  • Libro dos Manifestos
    Titulo del libro
    Libro dos Manifestos
    Rivas Barros, Manuel
    Revista luzes
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €

  • Bala perdida
    Antiguo
    Titulo del libro
    Bala perdida
    Rivas Barros, Manuel
    Alfaguara
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    9,60 €

  • Ella, maldita alma
    Antiguo
    Titulo del libro
    Ella, maldita alma
    Rivas Barros, Manuel
    Alfaguara
    Cada relato de esta nueva colección está protagonizado por las diferentes formas que puede adquirir el alma: ...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,30 €

  • O pobo da noite
    Titulo del libro
    O pobo da noite
    Rivas Barrós, Manuel
    Xerais
    A edición de O pobo da noile, a antoloxía lírica de Manolo Rivas, acompañada dun disco compacto, recibiu a ...
    No disponible

    25,50 €

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra