Pazos, Esther / Menéndez, Elvira / Minguillón, Cristina
A mascota de 3 anos, Peluxe, caracterÃzase pola súa tenrura e a súa excesiva dependencia. Pouco a pouco, irá aprendendo a ser máis autónomo, sen perder por iso a súa dozura e inxenuidade.
E sociable e gracioso. Procura saudar, atender e axudar ós demais. Pero non sempre lle sae ben porque a súa inconsciencia o leva a facer cousas sen medir as consecuencias.
Tamén é servicial, cariñoso, agarimoso e afectuoso, pero un pouquiño parado e indeciso. Prefire que outros decidan por el, pero pouco a pouco irá tendo as cousas máis claras.