Eduardo Jorge Bosco

Eduardo Jorge Bosco. Poemas en lingua galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497826686
Año de edición:
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-9782-668-6
Páginas:
240
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

18,00 €

IVA incluido

Eduardo Jorge Bosco foi un importante escritor arxentino que morreu, case inédito, cando non cumprira 31 anos. Suicidouse, nas augas do Río  da Plata, o 30 de decembro de 1943. De 1939 a 1942 vive unha fonda paixón amorosa con Josefa Emilia Sabor (Pepita Sabor), hoxe unha autoridade no seu país en Bibliografía e disciplinas afíns. Pepita Sabor e Bosco coñecéronse e tratáronse na Facultade de Letras de Buenos Aires, onde se namoraron. Pepita, filla de pai galego nado en Vilanova de Arousa, chegara á Arxentina con menos de dous anos. Xa namoradas, Bosco, poeta case secreto, escribe, en idioma galego, Sete cancións entre o 7 e o 9 de agosto de 1939. A lingua galega aprendeuna  nos libros: nos de Rosalía de Castro, a quen admiraba; en dúas importantes antoloxías, e nos poemas galegos de García Lorca, escritor  do que era devoto. Non foi un exercicio literario máis ou menos retórico nun poeta tan responsable. Sen ser galego o seu idioma, as Sete cancións son un acto de entrega á paixón inspirada por Pepita Sabor. Nesa lingua, a namorada balbucira, na Ría de Arousa, as súas primeiras palabras. Ademais das Sete cancións, Bosco escribiu algúns outros versos dos que cómpre salientar un poemiña que lembra a un extraordinario poeta medieval noso, Pero Meogo. Con este poemario, Eduardo Jorge Bosco sitúase entre os mellores poetas alófonos de lingua galega, ese entrañable capítulo onde cantan fermosamente, entre  outros, un catalán (Carles Riba), un andaluz (Federico García Lorca) e unha estadounidense (Annie Marie Morris). A presente edición reproduce en edición facsimilar os poemas galegos de Bosco, tanto nos seus orixinais manuscritos como mecanoscritos, ademais dun extenso estudo do profesor Xesús Alonso Montero, sobre a figura do poéta alófono arxentino e da fortuna dos seus poemas galegos, e da reprodución de diversas fotografías «ad hoc» e cartas da  musa deste fermoso poemario. O volume foi subvencionado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    Titulo del libro
    ORESTES PERDE O SENTIDO!
    Nº 72
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • As aventuras de Pinocchio
    Titulo del libro
    As aventuras de Pinocchio
    Collodi, Carlo
    Xerais
    As aventuras de Pinocchio son unha das máis grandes invencións da ficción literaria para instruír deleitand...
    No disponible

    15,80 €

  • Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)
    Titulo del libro
    Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia (1920-2006)
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles invest...
    No disponible
  • Diccionario Xerais da lingua
    Titulo del libro
    Diccionario Xerais da lingua
    Carballeira Anllo, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    33,75 €

  • Miñoca e pega
    Titulo del libro
    Miñoca e pega
    D. Veiga, Ramón
    Xerais
    Pode unha pega con malas intencións facerse amiga dunha apetitosa miñoca? Unha nova aventura de Miñoca que d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €