Aire para respirar

Aire para respirar. Memorias dun tempo presente

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029213
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8302-921-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

16,85 €

IVA incluido

Esta é a crónica subxectiva dun tempo, os últimos vintecinco anos, narrada por unha persoa que posúe a percepción sensible e apaixonada dos que loitan activamente para mellorar unha realidade tan incerta como a Galicia deste período. Un libro que está a cabalo entre unhas memorias dun tempo presente, na metade do camiño da vida do seu autor,  e un ensaio sociolóxico e político sobre o pasado inmediato e o devir  do país. Empregando unha narración en primeira persoa, tan emotiva e fermosa como nalgúns momentos provocadora, Baamonde fai desfilar por estas páxinas a vida daqueles conmovedores rapaces que nos anos setenta aprendían antifranquismo. O autor ensaia un retrato do desenvolvemento da nova clase política que provocou a Autonomía, perfilando unha imaxe da sociedade galega, sumida -para el- "na inercia, no marasmo e no desconcerto", non exenta de dureza, pero descrita sen amargura, coa leve ironía e o tipo de humor distanciado de quen pretende desenvolver a madurez dunha conciencia crítica. O volume inclúe un ensaio final, "Recapitulación: Galicia, hoxe, máis ou  menos", onde Baamonde realiza unha interpretación dos últimos vintecinco anos en Galicia, á luz da evolución do pensamento sobre a identidade e dos fenómenos políticos e sociais que supuxo a consolidación do proceso autonómico. Unha obra singular para animar o debate e a reflexión sobre un futuro por construír. Un libro que dará moito que falar.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

  • A derrota de Galicia
    Titulo del libro
    A derrota de Galicia
    Baamonde García, Antón
    Xerais
    A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos...
    No disponible

Materia en Libreria Central - Navarra

Xerais en Libreria Central - Navarra

  • (g).a tribo do mar.(fora de xogo)
    Titulo del libro
    (g).a tribo do mar.(fora de xogo)
    Perez, Lois
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • Poesía Aquilino Iglesia Alvariño
    Titulo del libro
    Poesía Aquilino Iglesia Alvariño
    Iglesia Alvariño, Aquilino
    Xerais
    Xesús lorenzo Varela (1917-1981) é unha das voces máis vibrantes da literatura do exilio, a memoria da Galic...
    No disponible

    9,80 €

  • Os piratas da Lúa
    Titulo del libro
    Os piratas da Lúa
    Nº 2
    Fernández Serrano, Jacono
    Xerais
    Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturno...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • A aventura de Xanzolo
    Titulo del libro
    A aventura de Xanzolo
    Rodríguez Ferrer, Anxeles
    Xerais
    No disponible

    7,40 €

  • A Muller Xabaril
    Titulo del libro
    A Muller Xabaril
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Ninguén sabía os motivos polos que unha moza de refinado encanto e elevada altura, tanto física coma intelec...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €