A velocidade do frío

A velocidade do frío

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483020685
ISBN:
978-84-8302-068-5
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

17,95 €

IVA incluido
Comprar

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai  provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen  filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do  seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos  seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Otros libros del autor en Libreria Central - Navarra

  • IMPERIOS E DANZAS.AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQ(PREMIO R.PIÑE
    Titulo del libro
    IMPERIOS E DANZAS.AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQ(PREMIO R.PIÑE
    Nº 109
    Núñez Seixas, Xosé Manuel
    Galaxia
    Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,95 €

  • TREVO. TRILOXIA DO OUTONO
    Titulo del libro
    TREVO. TRILOXIA DO OUTONO
    Nº 94
    Seixas, Manuel
    Galaxia
    Trevo é unha triloxía poética de vida, morte e ausencia concentradas. Unha ollada íntima, sutil  e crÃ...
    No disponible
  • Inmigrante Imaxinario
    Titulo del libro
    Inmigrante Imaxinario
    Nuñez Seixas, Xose Manuel
    Usc.univ.santiago compostela
    No disponible
  • As cartas do destino.
    Titulo del libro
    As cartas do destino.
    Núñez Seixas, Xosé Manuel;Soutelo Vázquez, Raúl
    Galaxia
    Premio Manuel Murguía da Deputación da Coruña no ano 2003, As cartas do destino é un traballo de investigac...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    21,20 €

  • Los colores de la patria
    Titulo del libro
    Los colores de la patria
    Moreno Luzón, Javier / Núñez Seixas, Xosé Manuel
    Tecnos
    Los símbolos, en particular las banderas y los himnos, tienen una importancia decisiva en el desarrollo de los...
    No disponible

Xerais en Libreria Central - Navarra